A fotografía que acompaña este post pode servir de metáfora do traballo arqueolóxico, capachos, caldeiros, auga e lubas e unha fiestra que se abre ao coñecemento pouco a pouco, paso a paso.
Capachos e caldeiros axudan a ir sacando os depósitos que imos escavando, coa auga limpamos os materiais arqueolóxicos que estraemos, ou facemos o morteiro da consolidación, ou mesmo acentuamos a coloración dunha U.E. nos días de verán, as lubas protexen as mans no monte, ou os materiais no laboratorio e coa combinación de todo esto e máis imos dando paso ao coñecemento do noso pasado