Inaguración do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra

sarmiHoxe día 21 inagúrase o edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, nel poderán visitarse os importantes fondos de arqueoloxía alí depositados (tanto os antes expostos no edificio Castro Monteagudo como outros inéditos). Nestas salas de arqueoloxía poderá verse unha vitrina adicada ao Monte do Castro, coas pezas máis representativas documentadas ata o momento (as cales iremos dando a coñecer pouco a pouco nas semáns e meses vindeiros). Disfrutade da visita!!!!

Entre algodóns

DSC_0256Non todas as pezas que saen na escavación son tratadas con tanta dulzura, pero sí as máis representativas. Aquí vos presentamos unha pequena ola de producción “local” (castrexa) atopada ao carón da porta do castro, que nos recorda remotamente a aquelas que apareceron no seu día no castro de Laias (Ourense) e que puideran empregarse como elemento de medida debido ao seu tamaño reducido, por propor unha hipótese. Nesta fotografía que ilustra está en mans dun dos/as restauradores do equipo preparándose para un futuro non moi lonxano

Retomamos a actividade

Despois duns meses de “parón” neste blogue retomamos a actividade. A terceira fase de escavación tocou ao seu fin con resultados que pouco a pouco iremos subindo, e a segunda fase de restauro igualmente rematou.

Durante os próximos días iremos vendo como mudou o xacemento co traballo de restauración xa que temos a excusa que o noso compañeiro Xan Santos falará o venres 14 sobre estes traballos no marco das Xornadas de Conservación de castros que se celebrarán en Lugo. Para ir recordando subimos unha foto aérea do final da primeira fase dos traballos.
image description

A vista de paxaro

O noso traballo non só se limita a zona de escavación, temos ou debemos mirar máis alá. Prospectando o entorno inmediato do xacemento, revisando a fotografía aérea, tanto a antiga como a nova (como a que acompaña este post feita en outubro do 2012), falando cos veciños para que nos conten contos vellos do lugar, lendas, etc. Para comprender o ben arqueolóxico como tal, pero tamén como ben social, pois sendo un castro, tamén foi escombreira, canteira ou lugar de xogos dos rapaces da parroquia.

aérea xacemento

FELIZ ANO NOVO A TOD@S!!

Desde Monte do Castro queremos desexarvos a tod@s un bó ano novo, que este próximo 2013 sexa prolífico en achádegos e novas lideiras arqueolóxicas.

Grazas a tod@s por seguirnos e leer este blogue, que xa somos máis de 3.000 e de puntos tan diversos do planeta como Arxentina, Rusia, EEUU, Grecia, Brasil, Colombia, Chile, Portugal e, por suposto España.

Un saúdo!

O protector do castro

Normalmente o derrubo dunha muralla non depara grandes sorpresas, blocos e blocos graníticos caídos que antes configuraban un potente muro defensivo de máis de 3 m de altura, pero o Monte do Castro é peculiar ata niso…

Fai uns días entre ese entullo apareceu unha peza lítica singular. Un ídolo ou figura esquemática dun guerreiro. O protector do castro xa que estaría coroando a muralla, xusto onde esta qreba o sur para enfilar a porta de acceso ao recinto principal do xacemento, co que sí ou sí, todos os que pasaran por alí o verían xusto de frente, censurando ou “bendecindo” a entrada.

Pois a él nos encomendamos para que os nosos traballos discorran coa mesma sorte e os resultados sigan sendo tan gratificantes, saúde protector!!!

 

Paneis de arxila, madeira e outras historias

No anterior post falabamos da madeira que estamos a documentar no Monte do Castro, pois ben, esta madeira non aparece soa, asóciase a outros elementos, paneis de arxila cocida, o que se consideraba “pallabarro”, pero que estamos a ver que de palla, nada de nada, en todo caso, madeira-barro, xa que a arxila cubre un entramado de ramas de madeira que nos deixa o negativo na cara interna destes paneis. Estes elementos non aparecen aillados, veremos máis adiante como configuran cousas, ¿estruturas?? quizais, pero xa falaremos desto en vindeiros postsImagen

“(…) más madera….”

Coa frase: “Más madera…es la guerra”, Groucho Marx en “Os Marx no Oeste” desmantelaba un tren na súa totalidade nunha das secuencias máis míticas da filmografía destes´excepcionais cómicos.

Neste NO noso a documentación de restos orgánicos, especialmente madeira, non é raro aínda  que a acción da acidez da maior parte dos solos leva por diante este tipo de restos arqueolóxicos, o que quizais si resulta excepcional é a cantidade de carbóns e madeira que aparecen no Monte do Castro. No xacemento estamos a documentar restos de cubertas e outros elementos sustentantes (vigas, viguetas, crucetas, etc) que nos aportarán moitísima información sobre as solucións constructivas, o aproveitamente forestal e demais lagoas que temos noutros castros de Galicia.Imagen

Esto si que son contas!

Este pequeno obxecto que a continuación presentamos apórtanos moitísima información de cara a posibles datacións relativas ou/e a falar de comercio no Monte do Castro.

O que temos é unha doa de pasta vítrea oculada, son obxectos procedentes do Mediterráneo e que chegarían ao noso NO a partires do século V a.C., pero que perduran no tempo ata o século I a.C. Non son pezas estranas xa que se documentan con facilidade en castros da costa, pero a medida que miramos ao interior da nosa terra comezan a escasear, aparecendo en xacementos próximos a vías fluviais, así é o noso caso cando o río Umia era navegable ata Caldas de Reis (polo menos). E ¿qué nos pode indicar?: comercio co Mediterráneo ou redistribución de materiais mediterráneos desde castros da costa ao interior?, estratificación social dentro do Monte do Castro?, capacidade económica do seu posuidor?…..Moitas son as preguntas que un obxecto tan pequeno pode desatar nos investigadoresImagen

O xogo das pistas

Continuamos a dar pistas do que pode aparecer nunha escavación arqueolóxica, os elementos que empregamos, a metodoloxía que aplicamos, etc. Hoxe traemos algo moi visual, algo que podería ser unha creación artística noutros sectores, a degradación do metal. A pesares de ser moi chamativo, o que temos na fotografía é a degradación dun bronce (da igual a peza, o tamaño, o tipo), a plasmación da reacción química que se produce no material co paso do tempo, a humidade, o contacto coa terra, o calor e todos cantas circunstancias máis podan influir nun metal. Visualmente resulta chamativo, incluso esa “pátina” verde fai que as pezas sexan máis atractivas, pero á súa cor real sería o dourado. Este verde ten que ser controlado polos nosos compañeiros restauradores para evitar que a peza siga a deteriorarse e desapareza (con elo perderiamos moitísima información para o noso traballo)

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.