Normalmente o derrubo dunha muralla non depara grandes sorpresas, blocos e blocos graníticos caídos que antes configuraban un potente muro defensivo de máis de 3 m de altura, pero o Monte do Castro é peculiar ata niso…

Fai uns días entre ese entullo apareceu unha peza lítica singular. Un ídolo ou figura esquemática dun guerreiro. O protector do castro xa que estaría coroando a muralla, xusto onde esta qreba o sur para enfilar a porta de acceso ao recinto principal do xacemento, co que sí ou sí, todos os que pasaran por alí o verían xusto de frente, censurando ou “bendecindo” a entrada.

Pois a él nos encomendamos para que os nosos traballos discorran coa mesma sorte e os resultados sigan sendo tan gratificantes, saúde protector!!!

 

Anuncios